Carne Asada

O buratiño naceu o día que estrearan a cociña. Tanta paixón o embuliu cando a viu cociñando, asomándolle a perna polo mandil, que non se resistiu e alí a quixo comer. A mala sorte foi que, do susto que ela levou coa abordaxe inesperada, bateulle á porta de cristal do forno cunha pota que tiña na man. Un pequeno burato. Nada importante en comparación coa marabillosa tarde (e noite) que pasaron entregados ós seus corpos.

O cheiro percorre lento e continuo a cociña e pronto a enche. A serpe aplánase para saír por debaixo da porta. Xusto apoiada naquela porta estaba cando colleu o teléfono e recibiu a mala nova. Morrera. Xa non estaba. A serpe apura a pasar por este lugar triste, para non coller sabor amargo.

Agora sobe as escaleiras rápida e chega ó baño, onde se difumina un pouco entre o vapor da ducha. Na ducha ocorréraselle a idea de convertir a casa familiar, baleira trala morte do home e a marcha dos fillos, nunha hospedaxe para peregrinos. Non aportaba moito á súa economía, pero mitigaba a soidade e resultaba fonte de novas experiencias a cotío. Xente de todas partes. Olores de todas partes.

Falando de olores, a serpe con olor a carne asada, especiada, picante, sal do baño e segue o seu camiño cara as habitacións. A dona está parada fronte ó espello mirando as enrugas da cara. A serpe chega ó seu nariz e así, a dona pega un brinco e corre escaleiras abaixo pensando: “Listo! Hora de comer!”

Advertisements

Opina

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s