Asinade

Sede donos, consumide, asinade cadeas vitalicias…
É o único que vos fará felices a vós, formigas.
Non pensedes, existide.
Coches, casas, viaxes, roupa, operacións de cirurxía “estética“!
Outro coche; máis novo, máis grande, máis caro.
Outra casa; piscina, solarium.
Outra viaxe; máis lonxe, máis chic.
Outra roupa; despois dos 7 kilos de graxa que che quitou o cirurxián e de ter cheo o armario.
Non penses, non cantes, non rías…figura.
Non sintas, non reflexiones, non discrepes…durme.
Non destaques, pero intenta destacar por tódolos medios posibles.
Merca outro coche, outra casa, vaite de viaxe a un bonito paraíso e presume de fotos e vídeo, dos bonitos bikinis, a nova silicona e das compras estratosféricas, sen olvidarte de maquillar por fóra o teu baleiro.
Volve. Encadeado como estás sempre tes que volver. Pero non penses niso.
Merca unha tele nova.
Acéndea e deixa que os berros vaian calando as poucas neuronas, os poucos retazos de conciencia que aínda se atrevan a berrar dentro de ti. Eres afortunado, cada vez tes máis.
Máis coche, menos que andar.
Máis casa, menos fogar.
Máis viaxes, menos interés.
Máis roupa, menos orixinal.
Máis “beleza” por fóra. Menos mundo por dentro.
Asinas dócil, domesticado e durmido cada cadea que che poñemos. Asinas convencido de que é o mellor. De que eres o mellor, o máis listo.
Asinas e encadeas a alma, o interés, a conciencia e a dignidade. Asinas e encadeas todo aquilo que ninguén no mundo pode pagar con papel. Asinas e encadéaste a ti mesmo pra sempre, fabrícaste un novo eu, ocúltandote, ignorante de que o que fixemos foi convencerte de que non eras nada se non o tiñas todo.
Todo.
O coche, a casa, a viaxe, a roupa…
Asina e prometémosche unha virtual felicidade absoluta que durará sempre.
Tira coa dignidade, tira co amor, tira ca alma.
Non poden facerte feliz se non as podes mercar con cartos. Non poden facerte feliz se non podes asinar por elas.

Advertisements

Opina

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s