25 de Novembro, un ano máis, un ano menos…

 

Merqueille os pixamas rosas.

Regaleille unha boneca loira fermosísima, para que xogue ás mamás.

En parvuliños non deixan que o uniforme sexa rosa ou azul, só  laranxa, que esaxerados…

Pediu un microscopio de regalo e non abriu aínda a Barbie, esta rapaza é un pouco rara.

Enséñoche a pintar as uñas coma unha chica grande?

Ti non podes xogar ó fútbol con nós porque es unha nena.

Fulanita, a ver se fas unha letra máis bonita e máis ordenada, que as nenas non podedes escribir tan bruto.

É normal que se che dé mellor a literatura que as matemáticas e a física.

O normal sería que che pedira pa saír eu a ti! De tódolos xeitos non quero porque eres moi fea.

Non queres saír comigo? Menuda estreita!

Tes un cu inmenso e unhas tetas moi pequenas, a quen lle vas gustar?

Se non fodes comigo, déixote.

Como vas estudiar Enxeñaría Industrial en Mecánica? Non será mellor maxisterio… ou enfermería?

Marchas para outra cidade estudiar? E que vai ser da nosa relación? Como me vou fiar de ti se vives aló con 3 compañeiros de piso e rodeada de homes?

Para ser unha muller adaptouse vostede bastante ben ó ritmo de traballo desta carreira.

Non podes ir tomar nada cos teus amigo soa, que eu traballo de noite e non podo acompañarte.

Non podes vestir así.

Ten vostede un currículo excelente, pero está solteira? Ten pensado ter fillos?

Iso é porque non vales para nada. O mellor é que quedes na casa.

O contrato será a media xornada, anque se fai falta ten que quedar máis horas. Comezará dende abaixo, anque tendo en conta a súa formación, a veces axudará nos traballos máis especializados. Iso si, cobrando o mesmo.

Estás embarazada, noraboa.

Agora non podo ter un fillo, entre o traballo e o meu mozo, que o está pasando mal…está no paro. Se quedo embarazada poden despedirme.

Se quere abortar antes ten que ver tódalas posibilidades que o Estado pon á súa disposición.

Es unha puta.

Abortou para non pasar traballo criando un fillo.

Non podes ir traballar vestida así, cámbiate e faime a comida antes de marchar.

Filla, o matrimonio é difícil, pero tes que aguantar.

Estás embarazada.

Estás despedida, non podemos estar pendentes de que ti teñas que coidar o teu fillo.

Es unha inútil.

Foi sen querer, púxenme moi nervioso. É porque non teño traballo, estou agobiado, perdóame por favor. Eu quérote máis que ninguén. Sabes que ninguén te quererá nunca coma min.

Non podes divorciarte. Pensa no neno.

Xa pasa dos trinta e mira como vai vestida. Seu home ten que estar que trina.

Quen ten que coidar de teu pai eres ti. Teu irmán non pode, ten outras ocupacións. É máis apropiado que o fagas ti.

De quen tes que coidar é de min.

Perdóame, non volverá a pasar. Non me puiden controlar. É que cando me falas así vólvome tolo. Tes que respetarme.

Necesítote. Ven á cama. Tes que cumprir. Eres a MIÑA muller.

Es unha torpe. Mereces unhas ostias.

Fágoo polo teu ben.

Aguanta.

Non podemos facer nada anque o denuncie, non ten probas. Marche.

Quérote. Puta.

Aguanta.

Inútil.

Perdón.

Quérote. Imbécil.

Aguanta.

Parva.

Quérote. É polo teu ben.

Vas levar.

Avergónzasme.

Prométoche que te mato.

Podemos ordear unha orde de alonxamento.

Tes que estar comigo. Só eu te quero. Tes o que mereces.

Xa o soltamos, non pode estar tanto tempo na cadea se só lle pegou unha malleira.

Síntome amenazada.

Non podemos facer nada señora.

Vaste arrepentir de deixarme.

Mateina porque era miña. Mateina porque a quería

Advertisements